Durante unas semanas , los alumn@s de Avelaiña Pilates, podréis disfrutar de la exposición del artista ourensano Moncho Barazeiro.
José Ramón Pérez Martínez (Ourense,1979), pintor e escultor, ten estudios superiores en Ilustración realizados na Escola de Arte Antonio Failde e cursos de especialización en modelado de barro e talla en madeira realizados na Escola de Artes da Deputación de Ourense. Actualmente compaxina a súa traxectoria artística co a docencia plástica a grupos de nenos.
Como artista realizou numerosas exposicións individuais co nome de M. Barazeiro, en espazos como a Casa da Xuventude de Ourense, Galería Manuel Márquez, Centro Cultural Marcos Valcárcel ou Café Cultural Auriense, asi como en diversos lugares en Portugal, caso de Chaves ou Belmonte. Tamén é membro do colectivo LADDO (http://laddo.es/) co cal levou a cabo diversas exposicións en espazos como o Centro Cultural de Foz, o Museo de Bario de Ourense ou a Cuqueira de Lourdes.
Obra exposta
A obra que se expón neste espazo é un pequeno compendio das diferentes técnicas e temáticas máis representativas do artista. Así, pódese observar dende collage a tinta pasando por acrílico, ou obras nas que se pode observar un compendio de todas elas, reflexo da versatilidade e orixinalidade das súas creacións.